mércores, 24 de abril de 2024

Libros ao patio

 Hoxe fixemos a nosa xa clásica actividade :"libros ao patio" para seguir celebrando a semana do libro.

Todo o alumnado participou nela e gozaron lendo,  no patio na hora de lectura, sós  ou en compañía. 



martes, 23 de abril de 2024

Día do libro: apadriñamento

 Hoxe era un día moi especial: O día do libro. Desde a blbioteca celebrámolo cunha actividade moi bonita na que participaron todos os alumnos e alumnas do cole: Os apadriñamentos.

Os alumnos e alumnas de 6º, 5º, 4º e 3º foron nomeados padriños e madriñas dun neno ou nena de 2ºe  1ºde primaria e 4º, 5º e 6º de infantil que a súa vez serían os seus afillados e afilladas. 

Madriñas e padriños acudiron á cita cun pequeno agasallo para os seus afillados e buscaron entre as 3 caixas  preparadas polos axudantes de bilbioteca, un conto para ler durante a hora de lectura. 

A actividade foi entrañable.



luns, 22 de abril de 2024

A HORA DO CÓDIGO

 


A "Hora do Código" é unha iniciativa internacional que pretende introducir a persoas de todas as idades no desenvolvemento do pensamento computacional.
É un evento organizado por Code.org, unha organización sen ánimo de lucro dedicada a expandir as ciencias da computación na educación.
En sexto de primaria participaron nun dos eventos, aprendendo unha chea de conceptos de programación.
Recibiron un diploma acreditando os coñecementos adquiridos e, o máis importante, gozaron moito da experiencia. 

Novidades do mes de abril, na semana do libro

 Estas son as últimas novidades deste curso. Pasade pola biblioteca para botarlles unha ollada





luns, 15 de abril de 2024

PROXECTO AVES EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 


Xa sabemos o moito que, en xeral, gustan aos nenos e nenas os animais. Se falamos de educación infantil, podemos dicir que é adoración o que senten por eles. 
Nesta ocasión 6º de educación infantil concentra os seus esforzos nas aves e faino a través de realidade aumentada, tecnoloxía que combina o mundo real con elementos virtuais.
Como alucinaron cando viron ás súas aves saír do papel no que as debuxaron para converterse en figuras tridimensionais, medrar e incluso marchar de paseo.
Unha gran experiencia!

domingo, 14 de abril de 2024

ATLETISMO EN 4º E 5º DE PRIMARIA

 


Nova xornada de deporte escolar!
Nesta ocasión foi o alumnado de 4º e 5º de primaria o que se achegou ao IFEVI de Vigo para practicar diferentes modalidades de atletismo: salto de lonxitude, lanzamento de peso e vortex, carreiras de diversas distancias individuais e por equipos...
Unha experiencia, como sempre, moi completa e divertida que tivemos a oportunidade de compartir con outros colexios do Condado e Paradanta. 

martes, 9 de abril de 2024

LUZ Y SOMBRA

"Luz y sombra"é o título do poema de Tere Acosta que recita para nós o alumnado de 4º de primaria.
E un texto moi fermoso que fala das dificultades para comunicarse e relacionarse que atopan, nos casos máis severos, algunhas persoas con autismo. Pero non só fala de dificultades; tamén fala de pontes, de tradutores, de mapas para entendernos... En fin, unha beleza de traballo!
Animámosvos a escoitalo.  

luns, 8 de abril de 2024

Biblioteca Creativa: Máquinas que garabatean

 As garabateadoras son artiluxios motorizados que se moven de xeito inusual e deixan un trazo no seu percorrido. En 5º e 6º de Primaria construímos unha garabateadora con materiais sinxelos, como rotuladores, vasos plásticos, pilas e cinta adhesiva. Puxémolos en movemento coa vibración dun motor cun contrapeso para que xiren, choquen e salten. Experimentamos diferentes montaxes e formas de desequilibrar o motor. Despois de facer probas e investigar cos cambios, compartimos a experiencia nun gran papel continuo, onde probaron as súas máquinas, creando un debuxo en conxunto.

domingo, 7 de abril de 2024

Comprendendo o autismo

 Os nenos e nenas de 3º de primaria, fixeron un gran traballo sobre o autismo. É un traballo cargado de empatía , solidariedade e respecto





sábado, 6 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA, MANUALIDADES "PEROXO, UN RAPAZ DE ALDEA"

 O alumnado de 3º de Primaria, unha vez rematado o libro "Peroxo, un rapaz de aldea" escrito por Luís Chapela Bermúdez e comentado o estilo, a caracterización dos personaxes, a época histórica da obra, as súas expectativas... animáronse a facer unhas manualidades sobre o libro, creando unha gran maqueta en grupo con textos, debuxos, ilustracións e moitos materiais, todos construídos polo alumnado.

domingo, 24 de marzo de 2024

Día mundial da poesía

Os nenos e nenas de 2º de primaria recitaron un precioso poema de Eduard Velasco, ademais de realizar unhas fermosas ilusr¡tracións de dito poema.


xoves, 21 de marzo de 2024

1...2...3...4... ECO PER CU SIÓN

 


Aínda nos bailan os pés coa actividade desta mañá: un divertidísimo obradoiro de percusión con instrumentos de reciclaxe.
Desde cuarto de infantil ata sexto de primaria deixáronse levar polos ritmos que Didier Díaz e a súa compañeira Diana ían marcando.
Canto arte pódese crear golpeando un cubo de pintura e pronunciando palabras tan sinxelas e doces como chocolate!
Por un día fomos percusionistas, sempre seremos artistas!
Grazas a Didier e a Diana por unha mañá vibrante e, por suposto, grazas á ANPA San Xulián por axudarnos a financiar a actividade. 

mércores, 20 de marzo de 2024

RECICLAXE NA ESCOLA

 


Terceira e última sesión de educación ambiental en 5º e 6º de Primaria.
Nesta ocasión, os contidos estiveron orientados á necesidade de reciclar e de aproveitar os recursos naturais.
O alumnado fixo un importante exercicio de análise na procura de solucións ás necesidades do centro: temos suficientes contedores de reciclaxe? Podemos reducir o consumo de auga no colexio?
Grazas ao Concello de Ponteareas por organizar estas estupendas sesións!

martes, 19 de marzo de 2024

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. (1º PRIMARIA)

    Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día internacional da Muller, os alumnos e alumnas de primeiro curso, seguindo o programa da galega Esther Estévez - “Dígocho eu!”, convídanvos a cambiar algunhas expresións para mellorar a forma coa que nos diriximos ás mulleres.  

Prestade moita atención porque isto é moi importante, DÍGOCHO EU! 








xoves, 14 de marzo de 2024

BÁDMINTON NO PABILLÓN MUNICIPAL

 


Onte, no Pavillón Municipal Álvaro Pino, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria gozaron dunha nova xornada de deporte escolar: a primeira fase do Campionato Escolar de Bádminton de Pontevedra. 
Un día fantástico de aprendizaxe e práctica do deporte; pero tamén de convivencia. Co CEIP de Leirado, a competición sempre é deportiva e amable. Unha gran experiencia!
Queremos expresar, como sempre, o noso agradecemento ao Club de Bádminton Ponteareas por convidarnos unha vez máis. Especialmente a Víctor, polo seu impecable traballo e o seu indiscutible talento para dirixir a nenos e nenas.
Parabéns a todos os clasificados e clasificadas. Izan, Yoel, Breixo, Yaiza, Martina e Laura: Bo traballo!
Por último, dicir que, acompañando ás imaxes, os nenos e nenas de 5º de primaria explican por que as xornadas de deporte escolar son unha das nosas actividades favoritas.